Cedro azul do pazo de Quintáns

Cedro azul do pazo de Quintáns
  • Especie: Cedrus atlantica (Endl.), Grupo Glauca
  • Familia: Pinaceae
  • Altura: 24,80 m
  • Perímetro do tronco (1,30): 4,29 m
  • Diámetro da copa: 20,30 m
  • Idade estimada: 120 anos
  • Concello: Meis
  • Parroquia: Santa María de Paradela
  • Lugar: pazo de Quintáns
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T523339;4709438
  • Coordenadas Google: 42.53699633958286, -8.715806299754679

Na entrada do xardín histórico atópase o enorme cedro, rodeado dun conxunto de camelias centenarias que contribúen, indubidablemente, a aumentar a espectacularidade do exemplar. O seu tronco, de gran volume, medra dereito e sen formar unha verdadeira cruz, estendéndose sobre as camelias. A copa fórmase a partir dunha sucesión de ramas de grandes dimensións que comezan a aparecer a case seis metros do chan e que conforman unha copa de grandes dimensións. Acompañan ao conxunto unha grande araucaria do Brasil (Araucaria angustifolia), unha fermosa parella de palmeira de abano (Trachycarpus fortunei) e algúns vellos exemplares de dracena (Cordyline australis).

O exemplar do pazo de Quintáns pertence ao cultivar ´Glauca´ de característica coloración verde-azulada.