Cedro da California do pazo de Rubianes
- Especie: Calocedrus decurrens (Torr.) Florin
- Familia: Cupressaceae
- Altura: 31,30 e 36,50 m
- Perímetro do tronco (1,30): 5,05 e 4,55 m
- Diámetro da copa: 10,02 e 14,95 m
- Idade estimada: 100-125 anos
- Concello: Vilagarcía de Arousa
- Parroquia: Santa María de Rubiáns
- Lugar: pazo de Rubianes
- Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T521910;4714133
- Coordenadas Google: 42.57930243267305, -8.733000780813729
Calocedrus procede do grego kalos, que significa belo, fermoso; e cedrus, cedro, polo seu fermoso porte. Decurrens, isto é, decorrente, refírese ás súas follas decorrentes, imbricadas, dispostas coma as tellas dun tellado.
Conxunto de exemplares de grandes dimensións. As bases dos troncos están provistas de grosos contrafortes que non desfiguran o seu contorno circular. Os fustes forman a cruz a máis de cinco metros de altura e ramifícanse en potentes brazos, algúns dos cales comeza o seu crecemento horizontalmente, paralelo ao chan, e érguense despois para configurar a característica arquitectura da copa en forma de candelabro. As copas son equilibradas e o aspecto xeral é moi bo.
