Cedros do Himalaia do pazo de Castrelos
- Especie: Cedrus deodara (D. Don) G. Don
- Familia: Pinaceae
- Altura: 43,50; 41,50 e 38,50 m
- Perímetro do tronco (1,30): 3,92; 3,35 e 2,95 m
- Diámetro da copa: 12,80; 14,20 e 12,30 m
- Idade estimada: 100-120 anos
- Concello: Vigo
- Parroquia: Santa María de Castrelos
- Lugar: pazo de Castrelos
- Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T522392;4673648
- Coordenadas Google: 42.2148253855938, -8.728681712625962
Conxunto formado por tres exemplares de grandes dimensións e fermosura situados na zona central do parque. A competencia espacial coas árbores que os rodean obrigounos a medrar con gran verticalidade; o máis destacado acada unha altura superior aos 43 m, o que o converte no cedro do Himalaia de maior altura en Galicia. As bases atópanse lixeiramente engrosadas para conferirlles maior estabilidade ás árbores e os troncos non teñen as primeiras ramificacións ata superar os once metros de altura, as cales configuran copas moi amplas e de grandes dimensións.
