Eucaliptos do pazo de Lourizán

Eucaliptos do pazo de Lourizán
  • Familia: Myrtaceae
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Santo André de Lourizán
  • Lugar: pazo de Lourizán
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T527590;4695149
  • Coordenadas Google: 42.40815258682265, -8.664707345181865

O Centro de Investigacións Forestais de Lourizán está situado nun terreo de 52 ha no concello de Pontevedra. En 1949 comezou neste predio a creación dun arboreto ou arboretum (colección de árbores de diferentes especies con finalidade educativa e de investigación); iniciáronse as plantacións en 1950, aínda que foi en 1955 cando se plantaron as coleccións de eucaliptos e de coníferas. Nos seguintes anos fóronse plantando numerosas especies de árbores e arbustos producidas nos viveiros do centro, en 1997 ampliáronse as coleccións de eucaliptos e coníferas e nos últimos anos seguíronse realizando novas plantacións na área forestal e nos xardíns.

Este arboreto, que é hoxe un verdadeiro xardín botánico con cerca dun milleiro de especies, inclúe árbores que nalgúns casos non se poden contemplar agrupadas en bosquetes noutro lugar de Europa, coma Agathis australis, Dacrydium cupressinum e Podocarpus totara, representantes da flora forestal de Nova Zelandia, ou Metasequoia glyptostroboides, Cryptomeria japonica, Sciadopitys verticillata, Cupressus funebris e outras, correspondentes ao dominio florístico chinés-xaponés. A parcela con cerca de noventa especies de eucaliptos e de acacias forma parte da representación de Australia. As coníferas do Pacífico dos Estados Unidos de América —con especies dos xéneros Pinus, Sequoia, Sequoiadendron, Tsuga, Thuja, Pseudotsuga, Calocedrus, Chamaecyparis...— e as frondosas atlánticas —Quercus rubra, Quercus falcata, Liquidambar styraciflua, Liriodendron tulipifera, Prunus serotina, Juglans nigra, Catalpa bignonioides, Gleditsia triacanthos…— representan a flora forestal arbórea de Norteamérica.

Especie Altura (m) Perímetro normal (m) Idade (anos)
Angophora floribunda (Sm.) Sweet 36’40 3,10 60-70
Corymbia calophylla (Lindl.) K. D. Hill & L. A. S. Johnson 29,80 2,40 60-70
Eucalyptus amygdalina Labill. 38,90 2,70 60-70
Eucalyptus cypellocarpa L. A. S. Johnson 47,80 2,10 60-70
Eucalyptus fastigata H. Deane & Maiden 49,50 2,15 70
Eucalyptus grandis W. Hill ex Maiden 52,50 2,60 70
Eucalyptus obliqua L'Her. 50,30 3,80 70
Eucalyptus saligna Sm. 53,50 2,10 70
Eucalyptus sieberi L. A. S. Johnson 48,10 3,00 70
Eucalyptus viminalis Labill. 56,00 3,10 70