Nogueira do predio de Areeiro

Nogueira do predio de Areeiro
  • Especie: Juglans rexia L.
  • Familia: Juglandaceae
  • Altura: 14 m
  • Perímetro do tronco (1,30): 2,90 m
  • Diámetro da copa: 17,90 m
  • Idade estimada: máis de 100 anos
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Santo André de Lourizán
  • Lugar: Estación Fitopatolóxica Areeiro
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T526847:4694816
  • Coordenadas Google: 42.40517968146261, -8.673752187981972

Trátase dun exemplar de nogueira de gran porte. O seu robusto fuste ramifícase a baixa altura (1,60 m) en tres fortes brazos, dispostos de forma radial, que crecen case verticais e volven ramificarse para conformar unha copa ampla e arredondada de grandes dimensións.

A nogueira atópase preto do camiño de entrada á estación, fronte a unha fonte que data de 1880 e a carón dun lavadoiro recentemente recuperado e reformado, que tamén ten a súa orixe no século XIX.