Palmeiral do pazo de Castrelos

Palmeiral do pazo de Castrelos
  • Familia: Arecaceae
  • Concello: Vigo
  • Parroquia: Santa María de Castrelos
  • Lugar: pazo de Castrelos
  • Coordenadas UTM (X;Y, ETRS 89 FUSO 29): 29T522446; 4673387
  • Coordenadas Google: 42.21232928355171, -8.728063660909466

No pazo de Castrelos (Vigo), con xardíns creados probablemente por unha firma portuguesa de xardinería cara a 1890, atópase a mellor colección de palmeiras monumentais de Galicia, aínda que ningunha delas está catalogada como árbore senlleira. No recinto encontramos varios exemplares que superan o século de existencia, coma a butia (Butia odorata), a livistona (Livistona australis), as palmeiras canarias (Phoenix canariensis), a palmeira do Senegal (Phoenix reclinata) ou os falsos palmitos (Trachycarpus fortunei), acompañadas dalgunhas de plantación máis recente, coma as palmeiras datileiras (Phoenix dactylifera), a palmeira da raíña (Syagrus romanzoffiana), a palmeira alexandra ou real australiana (Archontophoenix alexandrae), a kentia (Howea forsteriana), a palmeira datileira anana (Phoenix roebelenii), a palmeira de abano mexicana (Washingtonia robusta) e o seu híbrido coa palmeira de abano californiana (W. filifera), de nome científico Washingtonia x filibusta.

Nome do exemplar Especie

Altura total

(m)

Idade

(anos)

Butias brasileiras olorosas Butia odorata (Barb. Rodr.) Noblick 7,90 140
Livistonia austral Livistona australis (R. Br.) Mart. 13,10 70
Palmeira canaria Phoenix canariensis Chabaud 14,20 120
Palmeira do Senegal Phoenix reclinata Jacq. 9,20 140
Falso palmito Trachycarpus fortunei (Hook.) H. Wendl. 13,10 e 11,80 140