Piñeiro de folla longa do viveiro central de Areas

Piñeiro de folla longa do viveiro central de Areas
  • Especie: Pinus palustris Mill.
  • Familia: Pinaceae
  • Altura: 32,50 m
  • Perímetro do tronco (1,30): 3,20 m
  • Diámetro da copa: 11,05 m
  • Idade estimada: 100 anos
  • Concello: Tui
  • Parroquia: Santa Mariña de Areas
  • Lugar: viveiro central de Areas
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T526882;4653153
  • Coordenadas Google: 42.02995402494542, -8.675255082390564

O piñeiro de folla longa é unha especie nativa do sueste dos Estados Unidos, que se atopa ao longo da chaira costeira, desde o leste de Texas ata o sur de Maryland, e esténdese cara ao norte e o centro de Florida. Esta especie é a árbore oficial do estado de Alabama e símbolo cultural do sur do país norteamericano.

O piñeiro de folla longa do viveiro central de Areas responde ao modelo de “árbore pantalóns”; ten un tronco de grandes dimensións que a 1,60 m de altura sobre o chan se bifurca en dous potentes brazos, que configuran un porte atractivo e vistoso, con copa con forma de parasol, aínda que non moi frondosa. Malia a súa idade, próxima a un século, mostra un bo estado de conservación e goza de boa saúde.

Non existe ningún exemplar desta especie no Catálogo galego de árbores senlleiras nin se localizou ningún outro exemplar de grandes dimensións na xeografía galega.