Piñeiro de Montezuma do viveiro central de Areas
- Especie: Pinus montezumae Lamb.
- Familia: Pinaceae
- Altura: 28,40 m
- Perímetro do tronco (1,30): 2,93 m
- Diámetro da copa: 11,55 m
- Idade estimada: 100 anos
- Concello: Tui
- Parroquia: Santa Mariña de Areas
- Lugar: viveiro central de Areas
- Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T526882;4653153
- Coordenadas Google: 42.02995402494542, -8.675255082390564
O exemplar do viveiro central de Areas medra no medio dunha valiosa agrupación forestal na que se atopan moitas árbores de gran valor histórico, plantadas, nalgúns casos, polo enxeñeiro de montes Rafael Areses.
A base do tronco ten un perímetro de 3,25 m, dimensión que se reduce ata os 2,93 m á altura do peito, o que conforma un magnífico e forte talo que se bifurca aos 7,20 m sobre o chan. Consegue unha altura de 28,40 m, o que lle permite acceder á luz entre as demais árbores veciñas. A súa copa non é de grandes dimensións pola competencia espacial con outras especies.

