Pradairo do parque de Castrelos

Pradairo do parque de Castrelos
  • Especie: Acer pseudoplatanus L.
  • Familia: Sapindaceae
  • Altura: 29,50 m
  • Perímetro do tronco (1,30): 2,82 m
  • Diámetro da copa: 19,25 m
  • Idade estimada: 100-120 anos
  • Concello: Vigo
  • Parroquia: Santa María de Castrelos
  • Lugar: pazo de Castrelos
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T522405;4673820
  • Coordenadas Google: 42.21623063725692, -8.729235545358252

O pradairo do parque de Castrelos ten unhas dimensións e un porte impresionantes. Está situado á beira do río Lagares, o que lle garante as achegas hídricas das que tanto gustan as árbores desta especie. O tronco, robusto e fortemente engrosado na base, non se ramifica ata superar os nove metros de altura, onde se forma a cruz, a partir da cal as ramas crecen con gran verticalidade. A súa localización, rodeado de grandes plátanos, non impide que teña unha copa aberta e moi ampla polas sucesivas ramificacións.