CARBALLO de Santa Margarida

CARBALLO de Santa Margarida
  • Especie: Quercus robur L.
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: Europa, Asia Menor e norte de África
  • Idade: 500 anos
  • Porte: 14,50 m
  • Tronco: 7,78 m
  • Copa: 21,5 x 20,5 m
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Mourente
  • Lugar: Santa Margarida
  • Altitude: 40 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.437477, -8.626463
  • Propietaria/o: Diocese de Santiago de Compostela. Capela de Santa Margarida

Historia

É un dos carballos máis veteranos de Galicia, aínda que a súa antigüidade queda a medio camiño do milenio que se lle atribúe. A súa localización –xunto á capela de Santa Margarida–, a ancestral vinculación coa carballeira dos Gafos –da que se di que é o último representante– e a multitude de referencias artísticas, culturais, históricas e literarias son os avais que fan del un dos carballos con mais sona de Galicia.

Contorna

Vive no adro da capela de Santa Margarida, un dos templos máis antigos (século XIII-XIV) do concello pontevedrés, na parroquia de Mourente. A súa pequenez xeográfica vese compensada pola grandeza histórica e cultural do lugar, emanada da asociación indisoluble da arte (a capela) e a natureza (a árbore).

Ao outro lado da capela hai plantada unha árbore filla deste importante exemplar.