Magnolio de Tabagón

MAGNOLIO DE TABAGÓN do Rosal
  • Especie: Magnolia x soulangeana Soul.-Bod.
  • Familia: Magnoliaceae
  • Localización natural: obtida en París a comezos do século XIX por Soulange-Bodin a partir dun cruzamento entre Magnolia denudata e M. liliiflora
  • Idade: >200 anos
  • Porte: 17 m
  • Tronco: 3,13 m
  • Copa: 30 m de diámetro
  • Concello: O Rosal
  • Parroquia: San Miguel de Tabagón
  • Lugar: Finca Casimira. Barrio do Cruceiro
  • Coordenadas: 41.917368, -8.818068
  • Propietaria: Fátima Barreras Fernández

Historia

O magnolio medra na Finca Casimira, que fai honor á bisavoa da anterior propietaria, María del Carmen Fernández Carrera, viúva do neto do fundador de Barreras. A finca alberga unha antiga vivenda datada en 1787, testemuña de varias xeracións que comezaron o xardín que hoxe se atope alí. Na finca pódese atopar outro exemplar da mesma variedade, aínda que de menor idade, e tamén un conxunto de camelias antigas.

Este exemplar posúe varias características que merecen salientarse, coma a súa avanzada idade, que posiblemente supere os 200 anos, ou as súas espectaculares dimensións, xa que a altura normal acadada por esta variedade ronda os 7 metros de altura. Este magnífico exemplar acada os 17 metros, polo que se pode dicir que é a magnolia documentada, deste cultivar, máis alta de Galicia e unha das máis grandes de Europa. A exuberante floración a finais de inverno (entre febreiro e marzo) é realmente un espectáculo de cor que non pasa desapercibido e que cómpre destacar, aínda que só dura dúas semanas.

Contorna

Atópase na estrada que une O Rosal con A Guarda, en San Miguel de Tabagón. Destaca a súa copa florida incluso desde a outra ribeira do río Miño (Valença do Minho).

Esta árbore incluíuse co número 161A no Catálogo galego de árbores senlleiras por RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.