#MedioNatural
Programa “+Bosques”
Os baños de bosque ou shinrin-yoku (técnica que xurdiu no Xapón nos anos 80) baséanse en diferentes programas de investigación de ámbito mundial cuxos resultados amosan efectos fisiolóxicos que favorecen a relaxación mental e física, son prácticas nas cales se estimulan os sentidos ao estar en contacto coa natureza, o que permite mellorar a saúde e aumentar a sensación de felicidade e calma. É dicir, non se trata de rutas ao uso, senón que se pretende conectar coa natureza a través dos cinco sentidos desde un punto de vista terapéutico, sen deixar de lado o labor fundamental de protección dos bosques.
A través do programa “+Bosques” da Deputación de Pontevedra ofrécense visitas guiadas a enclaves singulares da provincia de Pontevedra, adaptadas ao patrimonio natural e cultural de cada contorna e como unha experiencia terapéutica e enriquecedora.
Son actividades moi completas nas que converxen a educación ambiental como camiño para fomentar a conciencia relativa aos problemas ambientais e a promoción e conservación e protección do patrimonio natural e cultural, xunto coa promoción da saúde, a través do que as persoas desconectan da rutina e se familiarizan con hábitos saudables que desencadean unha serie de beneficios para o organismo.
Tendo en conta o anterior, o programa “+Bosques” inclúe sete percorridos polos seguintes espazos naturais: a Ruta da Xabriña (Covelo), a Ruta da Pedra e da Auga (Meis), O Carreirón (A Illa de Arousa), cabo Udra (Bueu), o pazo de Lourizán (Pontevedra), a illa de Tambo (Poio) e o río Eifonso (Vigo). En todos os casos procurouse que fosen accesibles, considerando as particularidades de cada zona.
Inscrición nas visitas
Todos os períodos de inscrición comezarán ás 9 h dos días sinalados para cada mes, momento no cal se habilitará un formulario a través do cal se poderán anotar a persoa solicitante e tres (3) acompañantes, é dicir, un máximo de catro (4) persoas por inscrición.
Este formulario pecharase no momento no que se reciban suficientes inscricións tanto para completar as prazas dispoñibles (15 primeiras persoas) coma para a lista de agarda (quen non acceda ás 15 primeiras pasará a formar parte da lista de agarda), sen que haxa posibilidade de realizar novas inscricións. Ademais, non se aceptarán inscricións por outras vías (coma por correo electrónico ou teléfono).
Apertura do prazo de inscrición:
- Actividades do mes de agosto: inscrición a partir das 9 h do 24 de xullo
- Actividades do mes de setembro: inscrición a partir das 9 h do 25 de agosto
- Actividades do mes de outubro: inscrición a partir das 9 h do 22 de setembro
Confirmación das visitas
A lista conformarase por rigorosa orde de chegada das inscricións. A semana anterior á realización da ruta, as 15 primeiras persoas recibirán un correo para que confirmen a súa asistencia ou rexeiten a praza coa maior brevidade posible e, en todo caso, antes do luns anterior á realización da ruta, ás 12 h. De existir renuncias, procederase a enviar o correo de confirmación ás seguintes persoas da lista de agarda, que deberán respectar o mesmo prazo ou, se se envía pasado este, contestar o máis axiña posible e, en todo caso, antes das 12 horas do xoves anterior á realización da ruta.
É obrigatorio contestar os correos de confirmación de praza, polo que as persoas que non respondan ou non respondan nos prazos establecidos quedarán automaticamente excluídas da lista e non poderán participar na ruta para a que se lles confirmou a praza nin en ningunha das outras incluídas no programa “+Bosques” durante todo o ano.
As persoas penalizadas que formen parte dunha nova inscrición, ben como solicitantes ou ben como acompañantes, non se terán en conta á hora de realizar as confirmacións de praza.
Condicións do programa
- Todas as actividades contempladas no programa “+Bosques” son gratuítas.
- As prazas son nominais, polo que é requisito imprescindible presentar o documento nacional de identidade (DNI) ao comezo de cada actividade.
As e os titores legais das e dos menores de idade que non dispoñan do DNI deberán presentar un documento acreditativo de pertenza á unidade familiar.
Non presentar o documento de identidade correspondente implica o rexeitamento a participar en esta actividade. - Cada visita terá unha duración aproximada de dúas horas.
- Ofertarase 15 prazas por visita, xa que os grupos non deben ser moi numerosos dada a natureza deste tipo de actividades.
- Para cada actividade indicarase un punto de encontro, que só se lles facilitara por correo electrónico ás persoas que finalmente participen na actividade unha vez que estas confirmen a asistencia, como moi tarde o venres anterior á realización da ruta.
- Se algunha das rutas se realizou no 2024, as persoas que xa participasen na citada visita guiada non poderán repetir a mesma no ano 2025.
- Cada persoa só poderá realizar a mesma visita guiada unha soa vez.
- Non está permitida a participación de persoas que non estean debidamente inscritas e confirmadas no programa “+Bosques”.
Visitas e datas
Río Eifonso (Vigo)
Illa de Tambo (Poio)
Río Xabriña (Covelo)
Ruta da Pedra e da Auga (Meis)
O Carreirón (A Illa de Arousa)
Cabo Udra (Bueu)
Pazo de Lourizán (Pontevedra)
| Mes | Día | Mañá | Tarde | ||
|---|---|---|---|---|---|
| 10:00 h | 10:30 h | 19:00 h | 19:30 h | ||
| Agosto | 2 | Ruta da Xabriña | Ruta da Xabriña | ||
| 3 | Ruta da Pedra e da Auga | Ruta da Pedra e da Auga | |||
| 9 | O Carreirón | O Carreirón | |||
| 10 | Ruta da Xabriña | Ruta da Xabriña | |||
| 16 | Cabo Udra | Cabo Udra | |||
| 17 | Illa de Tambo | Illa de Tambo | |||
| 23 | Ruta da Xabriña | Ruta da Xabriña | |||
| 24 | Ruta da Pedra e da Auga | Ruta da Pedra e da Auga | |||
| 30 | Río Eifonso | Río Eifonso | |||
| 31 | Cabo Udra | Cabo Udra | |||
| Setembro | 6 | Illa de Tambo (prazas esgotadas) | Illa de Tambo (prazas esgotadas) | ||
| 7 | Ruta da Xabriña (prazas esgotadas) | Ruta da Xabriña (prazas esgotadas) | |||
| 13 | O Carreirón (prazas esgotadas) | O Carreirón (prazas esgotadas) | |||
| 14 | Pazo de Lourizán (prazas esgotadas) | Pazo de Lourizán (prazas esgotadas) | |||
| 20 | Illa de Tambo (prazas esgotadas) | Illa de Tambo (prazas esgotadas) | |||
| 21 | Ruta da Pedra e da Auga (prazas esgotadas) | Ruta da Pedra e da Auga (prazas esgotadas) | |||
| 27 | Pazo de Lourizán (prazas esgotadas) | Pazo de Lourizán (prazas esgotadas) | |||
| 28 | O Carreirón (prazas esgotadas) | O Carreirón (prazas esgotadas) | |||
| Outubro | 4 | Pazo de Lourizán (prazas esgotadas) | Pazo de Lourizán (prazas esgotadas) | ||
| 5 | Río Eifonso (prazas esgotadas) | Río Eifonso (prazas esgotadas) | |||
| 11 | Cabo Udra (prazas esgotadas) | Cabo Udra (prazas esgotadas) | |||
| 12 | Río Eifonso (prazas esgotadas) | Río Eifonso (prazas esgotadas) | |||
| 18 | Ruta da Pedra e da Auga (prazas esgotadas) | Ruta da Pedra e da Auga (prazas esgotadas) | |||
| 19 | Illa de Tambo (prazas esgotadas) | Pazo de Lourizán (prazas esgotadas) | |||
| 25 | Cabo Udra (prazas esgotadas) | Cabo Udra (prazas esgotadas) | |||
| 26 | O Carreirón (prazas esgotadas) | O Carreirón (prazas esgotadas) | |||
