A Deputación aproba as bases para poñer en marcha Lecer en Familia no 2026, con 3.000 prazas para desfrutar de estancias na provincia

O presidente provincial, Luis López, adiantou que o 1 de abril do 2026 abrirá o prazo de presentación das solicitudes e que o programa funcionará entre o último trimestre do próximo ano e o primeiro do 2027

05/12/2025

Conferencia de prensa de Luis López

A Deputación de Pontevedra acaba de  aprobar as bases para poñer en marcha o programa Lecer en Familia no 2026, con 3.000 prazas para que as familias con menores ao seu cargo gocen de estancias na provincia. O presidente provincial, Luis López, adiantou que desde o 1 e ata o 15 de abril do 2026 estará aberto o prazo de presentación das solicitudes e que es estadías terán lugar entre o último trimestre do próximo ano e o primeiro do 2027.

"Trátase dun programa para reforzar os lazos familiares, que puxemos en marcha neste mandato e do que nos sentimos moi orgullosos", remarcou López quen engadiu que as preto de 3.000 prazas permitirán ás familias da provincia gozar de estadías en réxime de media pensión.  "Así que – informou o presidente- anotade ben as datas, porque este é un programa cunha elevadísima demanda, do que este ano están a desfrutar xa 3.000 persoas".

Destas prazas, tal e como informou o presidente, 50 serán en réxime especial, subvencionando a Deputación o 100% do prezo de adxudicación de cada praza. Pola súa banda, as prazas restantes recibirán axudas que oscilan entre os 60 euros para as persoas maiores de 12 anos e os 30 euros para as de entre 3 e 12 anos, sendo de balde para os menores de 3 anos.

videos

audios