Luis López e Luisa Sánchez asisten en Vigo á inauguración da XXVII edición de Conxemar, a Feira Internacional dos Produtos do Mar Conxelados
06/10/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asistiron este martes ao acto de inauguración da vixésimo sétima edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar), que tivo lugar no auditorio do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) na que participou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Os dirixentes provinciais tamén completaron un percorrido polos diferentes postos dunha feira que consolida á provincia como referencia mundial no comercio de produtos do mar conxelados.