Luisa Sánchez asiste á festa de presentación do Galicia Fest, que contou coa actuación de Miriam Rodríguez

31/05/2026

Luisa Sánchez asiste á festa de presentación do Galicia Fest, que contou coa actuación de Miriam Rodríguez

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este domingo á festa de presentación do Galicia Fest celebrada no Centro Comercial Vialia de Vigo, un evento que reuniu numeroso público como antesala da segunda edición do festival, prevista para os días 26 e 27 de xuño no Peirao de Transatlánticos. A cita contou coa actuación da artista galega Miriam Rodríguez e cunha sesión DJ que animou a tarde no espazo ‘food court’. Ademais, déronse a coñecer os horarios do festival e sorteáronse abonos entre os fans. Luisa Sánchez puxo en valor a aposta do Galicia Fest polo talento galego dentro do seu cartel, no que figuran a propia Miriam Rodríguez, Maryland, Pablo Lesuit, Sabela, Carla Lourdes e Fredi Leis.

Galerias de imaxes