Luisa Sánchez entrega ao CPR Alba de Vigo os premios do certame escolar A Viaxe de Gotiña

03/06/2026

Luisa Sánchez entrega ao CPR Alba de Vigo os premios do certame escolar A Viaxe de Gotiña

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, entregou ao alumnado do CPR Alba de Vigo os dous premios acadados polo centro educativo na primeira edición do certame escolar A Viaxe de Gotiña, impulsado para sensibilizar sobre a importancia da xestión responsable da auga e para dar a coñecer o valor das traídas veciñais. O CPR Alba foi recoñecido pola institución provincial co segundo premio na categoría de mural de Educación Infantil e tamén co segundo premio na modalidade de banda deseñada de Educación Primaria. O alumnado galardoado recibiu un lote de xogos baseados na metodoloxía Montessori e unha tableta para uso didáctico, respectivamente.

Luisa Sánchez gabou o traballo desenvolvido pola comunidade educativa do centro e puxo en valor o esforzo realizado polos participantes nun concurso que reuniu propostas de Educación Infantil e Primaria arredor de murais, maquetas e bandas deseñadas centradas na conservación das traídas de auga veciñais, o coñecemento do ciclo da auga e na importancia dun consumo responsable deste recurso esencial.

Galerias de imaxes