A Deputación mobiliza esta semana 21 colectivos sociais de 15 concellos da provincia nos obradoiros de +Xuntas

As entidades comezan obradoiros de pilates, iniciación ao patchwork, risoterapia, arte floral, artesanía en coiro, xardinería, musicoterapia, plantas medicinais e conservación de alimentos

20/09/2026

A Deputación de Pontevedra continúa esta semana as accións formativas da actual edición do programa provincial +Xuntas, unha iniciativa que destina preto de 700.000 euros ao tecido asociativo para apoiar o desenvolvemento das mulleres e crear redes de apoio onde poden compartir experiencias e estreitar os seus vínculos. Esta semana, entre o luns 21 e o sábado 26 de setembro, preto de 300 mulleres dun total de 21 entidades de Cangas de Morrazo, Cerdedo Cotobade, Fornelos de Montes, Lalín, Marín, Moraña, Mos, Ponteareas, Ponte Caldelas, Redondela, Soutomaior, Sanxenxo, Silleda, Vigo e Vilagarcía de Arousa comezan novas accións de +Xuntas.

Este luns 21 de setembro comezan cursos de pilates integrantes da Asociación veciñal e cultural de Moreira (Soutomaior), Asociación cultural Moreira a tope (Soutomaior) e da Asociación veciñal-cultural Cortegada (Siulleda). Pola súa banda, tamén inician un curso de xardinería na Asociación veciñal, cultural, deportiva e de consumidores de Lavadores (Vigo), outro de risoterapia na Asociación de Mujeres Lúa de Bembrive (Vigo), de musicoterapia na Asociación de mulleres rurais e consumidoras Santa Catalina de Portonovo (Sanxenxo), de iniciación ao patchwork na Asociación palilleiras rebulideiras de Cotobade (Cerdedo Cotobade) e de artesanía en coiro na Asociación de consumidores e iniciativa social Amas de Casa de Marín.

O martes 22 comezarán dous cursos de risoterapia en Cangas de Morrazo (Asociación de mulleres rurais de Coiro) e Vilagarcía de Arousa (Asociación de mulleres rurais Anduriña) e outro de xardinería en Fornelos de Montes (Asociación veciñal-cultural de mulleres de Estacas). E o mércores 23 darán inicio tres cursos: iniciación ao patchwork para integrantes da Asociación de mulleres rurais Santa Isabel (Silleda), artesanía en coiro para a Asociación Sociedade Cultural do Viso (Redondela) e un obradoiro de plantas medicinais para a Asociación de mulleres rurais O Menhir (Moraña).

Pola súa banda, o xoves 24 de setembro comezan dous cursos de artesanía en coiro en Vigo (Asociación de veciños A Nosa Terra de Alcabre) e Redondela (Asociación de veciños e Centro cultural da parroquia de Santo Estevo de Negros); un de arte floral en Ponteareas (Casa Cultural artística e deportiva de Areas) e outro de plantas medicinais en Mos (Asociación de veciños miliario de Guizán). O venres 25 darán inicio dous obradoiros: conservación de alimentos en Ponte Caldelas (Asociación de mulleres rurais Coto das sombriñas de Tourón) e de musicoterapia en Lalín (Asociación de mulleres rurais en igualdade de Prado). Finalmente o sábado 26 de setembro terá lugar o comezo dun obradoiro de xardinería para integrantes da Asociación de veciños Pe da Mua (Cerdedo Cotobade).

A Deputación de Pontevedra dedica un investimento de preto de 700.000 euros para o desenvolvemento do programa durante os anos 2026 e 2027, organizando cada ano máis de 200 obradoiros para entidades sen fins de lucro da provincia que apoien o desenvolvemento das mulleres. Este ano terán lugar un total de 207 accións para colectivos de 53 concellos dentro de catro categorías: +Tecnoloxía, +Creatividade, +Natura e +Saúde. Cada formación ten unha duración de 35 horas e incluirá un módulo específico de sensibilización sobre igualdade, ademais de estar integrada de xeito transversal en todos os contidos.