Luisa Sánchez acompaña en Coruxo ás parellas homenaxeadas nas vodas de ouro da asociación AVOA

25/10/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á celebración das vodas de ouro que organiza cada ano a asociación AVOA na parroquia viguesa de Coruxo. A xornada reuniu este ano a catro parellas que celebraron os seus 50 anos de matrimonio: Juan Luis, María del Carmen, José, María José, Rosa, José Eusebio, Verísima e José Alfredo. Tras a habitual misa solemne, parellas e acompañantes gozaron dun concerto de música clásica patrocinado pola Deputación de Pontevedra. A celebración continuou cunha comida de confraternidade no Hotel Coia, onde as persoas homenaxeadas compartiron este día especial coas súas familias e co resto de asistentes.

Galerias de imaxes