A Deputación destina máis de 48.000 euros ao Concello de Vilaboa para a construción dun muro de contención nun camiño rural de Nores
Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello máis dun millón de euros ao sumar preto de 600.000 euros do 2026 e o adianto de máis de 400.000 euros da liña de investimentos do 2027
08/09/2026
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega por valor de máis de 48.000 euros para que o Concello de Vilaboa afronte a construción dun muro de contención nun camiño rural de Nores, en Santo Adrán de Cobres. Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello máis dun millón de euros, ao sumar preto de 600.000 euros do 2026 e o adianto de máis de 400.000 da liña de investimentos do 2027.
Cos recursos provinciais, executarase un muro de contención nun tramo deste camiño rural que presenta un avanzado estado de deterioro, con inestabilidades do terreo e perda da sección funcional da vía. A actuación servirá para resolver as deficiencias existentes, garantindo a estabilidade do terreo, a seguridade da circulación e a adecuada conservación da infraestrutura.
Para realizar esta mellora, proxéctase a realización da limpeza do terreo e eliminación da vexetación; o transporte e depósito de terras; a construción dun muro de contención para soster a pista mediante pedra e con altura variable de entre o metro e os tres metros; a cimentación e tamén o recheo de material. Completarase a actuación coa pavimentación da contorna con firme granular.