Rafa Domínguez subliña o papel do EncestaRías para avanzar no posicionamento de Pontevedra como o grande estadio deportivo do mundo
08/09/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou na presentación da décimo primeira edición do torneo EncestaRías, que acollerá os días 11 e 12 de setembro o Pavillón Municipal de Deportes da capital da provincia e concentrará a catro equipos do baloncesto europeo: o Monbus Obradoiro, o Kosner Baskonia, o Valencia Basket e o Alba Berlin. “Somos a provincia do deporte -remarcou Domínguez- e desde a Deputación queremos poñelo en valor e seguir medrando á par que o EncestaRías, para converternos no grande estadio deportivo do mundo, sempre da man dos concellos e dos clubs para que isto sexa posible”.