Rafa Domínguez asiste ao almorzo de Foro Empresa Pontevedra no que se analizou o impacto económico e social do absentismo laboral
03/06/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de asistir ao almorzo de Foro Empresa Pontevedra no que se analizou o impacto económico e social do absentismo laboral. Na xornada interviñeron Pablo Fernández, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra e ex secretario xeral do Emprego e Relacións Laborais da Goberno autonómico, Teresa Pedrosa, xefa territorial de Inspección de Traballo e Seguridade Social e Natalia Lobato Mosquera, secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade.
