Rafa Domínguez recibe á nadadora artística Daniela Suárez tralo seu éxito no Campionato Mundial Júnior

18/09/2026

Rafa Domínguez recibe á nadadora artística Daniela Suárez tralo seu éxito no Campionato Mundial Júnior

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu este venres no Pazo provincial a nadadora artísitca Daniela Suárez tralo seu éxito no pasado Campionato Mundial Júnior de Natación Artística celebrado o pasado mes de agosto en Budapest, onde conquistou cinco medallas, entre elas o ouro na categoría de dúo libre. O vicepresidente provincial felicitou á deportista e destacou a súa “capacidade de traballo”, facendo fincapé ademais en como é “un exemplo moi bonito para tantos nenos e nenas da nosa provincia que practican deporte”.

Rafa Domínguez amosou a colaboración do organismo provincial co deporte. “Queremos seguir apoiando aos clubs, aos deportistas e crear condicións para que o talento que temos na provincia poida medrar e chegar o máis lonxe posible” e recalcou o “orgullo” que supón “ver como unha deportista de Pontevedra leva o nome da nosa cidade e da nosa provincia por todo o mundo”.

Galerias de imaxes