A Deputación aproba 70.000 € do Plan +Provincia para que Moraña instale alumeado público nun tramo da PO-226 e na senda da Alberguería

A ausencia de iluminación nesta zona xera baixas condicións de visibilidade nocturna, tanto para o tránsito rodado como para o tránsito peonil existente na senda

11/09/2026

A Deputación aproba 70.000 € do Plan +Provincia para que Moraña instale alumeado público nun tramo da PO-226 e na senda da Alberguería

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, confirmou este venres a aprobación dunha nova axuda de 70.000 euros para o Concello de Moraña no marco do Plan +Provincia 2026-2027, grazas aos cales instalará alumeado público nun tramo da PO-226 e na senda da Alberguería, dúas zonas con falta de iluminación na actualidade, o que xera baixas condicións de visibilidade nocturna, tanto para o tránsito rodado como para o tránsito peonil existente na senda.

Máis polo miúdo, este proxecto contempla a ampliación do saneamento de augas pluviais, a mellora do pavimento e a instalación de mobiliario urbano nas inmediacións da Rúa Matilde Bares. Os traballos iniciaranse coa limpeza das marxes, a demolición do formigón deteriorado e de tres chanzos do camiño, así como os movementos de terras necesarios para a explanación. A seguir, instalarase unha canalización de recollida de augas pluviais e acondicionarase a base mediante o estendido e compactado de xabre para salvar os desniveis. Posteriormente, aplicarase un pavimento continuo de formigón armado que se rematará con pintura epoxi, sinalización viaria e a colocación de bancos, xardineiras e bitas para delimitar o espazo peonil do tráfico rodado.

“Seguimos desta maneira, como todas as semanas, avanzando no reparto dos 85 millóns de euros cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade”, afirmou o presidente provincial.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.