#BENESTAR SOCIAL

PONTEVEDRA, PROVINCIA +INCLUSIVA

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, pon en marcha neste 2026 a terceira edición do programa “Provincia +inclusiva”, a través do cal se convoca unha liña de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a promoción da accesibilidade universal.


A quen vai dirixido?

Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen fins de lucro situadas en calquera municipio da provincia de Pontevedra e que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

Que gastos son subvencionables e cal é o financiamento?

Serán subvencionables as seguintes actuacións:

  • Execución de obras de mellora da accesibilidade nas instalacións das entidades solicitantes.
  • Redacción da memoria técnica do proxecto, en caso de ser indispensable desde o punto de vista legal para executar a obra.
  • Adquisición de sistemas de comunicación que permitan a accesibilidade e a inclusión das persoas beneficiarias nas actividades da vida diaria.
  • Adquisición de axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e co coidado persoal.

Cada solicitude poderá conter un ou varios dos gastos subvencionables dos descritos anteriormente.

O importe máximo da subvención para cada solicitude non poderá exceder do 80 % do seu orzamento nin da cantidade de dez mil euros (10.000 €).

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na Base de datos Nacional de Subvencións.

Vídeo promocional

Novas relacionadas

{"classPK":15994819,"groupId":"37861","name":"20260610_paula_bouzos_provincia_inclusiva_crecente_2.jpg","alt":"A Deputación visita o colexio Nuestra Señora de Fátima de Crecente e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 euros para o fomento da accesibilidade","title":"20260610_paula_bouzos_provincia_inclusiva_crecente_2.jpg","type":"document","uuid":"ec4ca515-c2ca-be7b-fb75-eb6cb631b407","fileEntryId":"15994819","resourcePrimKey":"15994844"}

A Deputación visita o colexio Nuestra Señora de Fátima de Crecente e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 euros para o fomento da accesibilidade

  10/06/2026

{"classPK":15994422,"groupId":"37861","name":"20260610_paula_bouzos_provincia_inclusiva_lalin.jpg","alt":"PROVINCIA INCLUSIVA ASOC ANCIANS LALIN 10-06-2026","title":"20260610_paula_bouzos_provincia_inclusiva_lalin.jpg","type":"document","uuid":"473469ac-dfd1-d083-d733-efd58fa18be9","fileEntryId":"15994422","resourcePrimKey":"15994438"}

A Deputación visita a Asociación para a Protección de Anciáns de Lalín e Comarca e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 euros para o fomento da accesibilidade

  10/06/2026

{"classPK":15991967,"groupId":"37861","name":"20260609_paulabouzos_inclusiva.jpg","alt":"A Deputación visita en Nigrán o Centro Juan María e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 euros para o fomento da accesibilidade","title":"20260609_paulabouzos_inclusiva.jpg","type":"document","uuid":"644cd357-eea3-3a12-7ab1-2a09ba6208a5","fileEntryId":"15991967","resourcePrimKey":"15991933"}

A Deputación visita en Nigrán o Centro Juan María e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 euros para o fomento da accesibilidade

  09/06/2026

Mostrando o intervalo 1 - 3 de 24 resultados.