PROGRAMA

“Impulsa benestar”

Dirixido as entidades de iniciativa social sen fins de lucro

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, presenta no ano 2026 a primeira edición do programa "Impulsa benestar", a través do cal se convocan dúas liñas de subvencións dirixidas a impulsar a mellora, adecuación e modernización das instalacións e dotacións das entidades.


A quen vai dirixido?

Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen fins de lucro situadas en calquera municipio da provincia de Pontevedra que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

Que gastos son subvencionables e cal é o financiamento?

  • Convocatoria de obras: serán subvencionables as obras encamiñadas á construción de novas edificacións ou volumes funcionais, rehabilitación de inmobles existentes, ampliación de superficies ou volumes edificados, reforma de espazos interiores ou exteriores, mellora da conservación e da eficiencia enerxética. Así mesmo, terán a consideración de gastos subvencionables os custos de redacción do proxecto de execución e o custo de dirección facultativa. As solicitudes poderán conter un ou varios dos gastos subvencionables descritos.
    O importe máximo da subvención para cada solicitude non poderá exceder do 80 % do seu orzamento total nin da contía de 80.000,00 €.
  • Convocatoria de vehículos: serán obxecto de subvención as actuacións relativas á adquisición ou adaptación de vehículos destinados á mellora dos servizos e programas prestados no ámbito dos servizos sociais e sociosanitarios.
    O importe máximo da subvención para cada solicitude non poderá exceder do 80 % do seu orzamento total nin superar os límites establecidos para cada liña:
Liñas de subvención Importe máximo de subvención
Adquisición de vehículos novos (incluídos os de quilómetro 0) 25.000,00 €
Adquisición de vehículos de segunda man 15.000,00 €
Traballos de adaptación de vehículos 5.000,00 €