#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
612 resultados atopados
- DEDÍN, DEDÍN, DEDAL. 42 NORTE
- GO ON!. 42 NORTE
- AS PERIPECIAS DE XURXO. 42 NORTE
- COSTUREIRIÑA BONITA. A COVA DAS LETRAS
- CHAFALLAS, A VENDEDORA DE FUME. A COVA DAS LETRAS
- FRIDA. A COVA DAS LETRAS
- SON NO BERCE. A COVA DAS LETRAS
- A BANDA NO ROCK. A COVA DAS LETRAS
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- O GATO ZAPATO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- BULEVAR PAPAGAIO. A FEROZ
- A FORTALEZA. A FEROZ
- ALICIA PARA AS MINCHIÑAS. A FEROZ
- FRÍO. A FEROZ
- LIBROS, LIBROS, LIBROS: TODO ESTÁ NOS LIBROS. A MAGA FANI
- AS AVENTURAS DE 1 CÉLULA CHAMADA A TRIUNFAR. A MAGA FANI
- AS QUE LIMPAN. A PANADARÍA
A Feroz: A Fortaleza
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: maior de 16
Duración do espectaculo: 75
Persoa representante : A Feroz
Datos de contacto : 636 653 019 - aferozferoz@gmail.com
Páxina web do grupo : aferoz.gal
-
Sinopsis da compañia :
A Feroz é unha compañía de teatro integrada por artistas heteroxéneas, desexosas de levar á escena as suas preocupacións e obsesións máis íntimas. Falamos das nosas cousas porque estamos convencidas de que o íntimo é universal e o persoal é político. No noso percorrido, que en 2026 completa dez anos, temos traballado sobre a pasaxe á madurez da nosa xeración, o feminismo e a relixión católica, a vontade de pracer ante a certeza da morte, entre moitos outros temas. Sexa cal for a súa complexidade, abordámolos sempre con ironía, poesía e xogo — esa é a nosa marca, o noso modo de ollar o mundo desde hai unha década. !! Nace en 2016 coas ansias de dar contexto ao noso amor. Amor pola verdade, polos proxectos honestos, por contar a partir das entrañas o que nos acontece; amor pola mestura das artes, das disciplinas, das ciencias, dos corpos e dos ollares. Esta compañía nace coa vontade clara de, xuntas, transcendermos as nosas barreiras persoais para poñer en común, en escena, as preguntas e todas as posibles respostas. Nacemos para a vida como promesa: todo o que temos fica depositado aí, na posibilidade infinita de chegar a ser todo o que se pode ser a través da arte.
-
Sinopsis do espectaculo:
Neste artefacto dramático o escenario convértese nun territorio de memoria, resistencia e preguntas urxentes. Inspiradas pola figura da guerrilleira galega Chelo, abrimos unha fenda no tempo para explorar as pegadas invisibles da loita, a herdanza que arrastramos e as violencias —íntimas e colectivas— que nos atravesan antes de que estoupe calquera guerra. A obra non procura contar unha biografía, senón activar unha reflexión dende o corpo, a imaxe e a palabra. Entre documentos, accións performativas e memoria encarnada, esta peza propón unha viaxe escénica que nos lembra que cada xesto pode ser unha forma de resistencia.
Caché con IVE : 5929.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 6800.0 €