Luis López confirma un investimento de 500.000 € na reforma do centro de transformación, cadro xeral de baixa tensión e grupo electróxeno de Príncipe Felipe

A actuación enmárcase, tal e como asegurou o presidente, “no obxectivo de converter a Príncipe Felipe nun proxecto cheo de futuro, no símbolo da política social da Deputación e tamén da aposta clara, firme e decidida pola cidade de Pontevedra”

23/01/2026

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde ao expediente para activar o contrato para a reforma e adecuación do centro de transformación, cadro xeral de baixa tensión e grupo electróxeno na instalación eléctrica de Príncipe Felipe, por valor de preto de 500.000 €. 

A actuación, tal e como asegurou o presidente Luis López, enmárcase “no obxectivo de converter a Príncipe Felipe nun proxecto cheo de futuro, no símbolo da política social da Deputación e tamén da aposta clara, firme e decidida pola cidade de Pontevedra”.  López engadiu que “queremos dotar a cidade de Pontevedra de instalacións públicas de calidade, modernas, accesibles e sostibles”.

A reforma e adecuación do centro de transformación, cadro xeral de baixa tensión e grupo electróxeno na instalación eléctrica de Príncipe Felipe forma parte do paquete de 5 millóns de euros aprobados a finais do pasado ano para o recinto e que, tal e como recordou o presidente, contempla a subministración de pellets de madeira para as caldeiras de biomasa, a mellora do edificio principal ou a reforma e modernización integral do seu pavillón deportivo.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.