A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Vilanova para seguir avanzando na estrada provincial Baión-András e impulsar novas actuacións en Ousensa e Igrexa de Caleiro

15/07/2024

Trala posta en marcha do convenio para a primeira fase da actuación na estrada provincial EP-9701 Baión-András, a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse esta mañá co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e o tamén deputado provincial e tenente alcalde da vila, Javier Tourís, para continuar avanzando no seguinte treito desta estrada provincial.

Ademais de avanzar na esperada e demandada actuación que se vai acometer na estrada provincial entre Baión e András, a deputada provincial e o alcalde estudaron o proxecto que se vai redactar para mellorar un tramo da estrada provincial EP-9703 de Ousensa. Durante a xuntanza, tamén se analizou a mellora que se pretende acometer na estrada provincial EP-9404 Igrexa de Caleiro.

Novas relacionadas

{"classPK":11769505,"groupId":"37861","name":"20241210_isabel-couselo_reunion-vilanova_estradas-provinciais.jpg","alt":"Isabel Couselo en Vilanova","title":"20241210_isabel-couselo_reunion-vilanova_estradas-provinciais.jpg","type":"document","uuid":"635fb667-c2a1-f6ae-f180-aeae2627d000","fileEntryId":"11769505","resourcePrimKey":"11769543"}

A Deputación e o Concello de Vilanova avanzan no proxecto para a humanización da estrada de Ousensa

  10/12/2024

{"classPK":11526815,"groupId":"37861","name":"20241104_isabel-couselo-javier-touris_EP9701-Vilanova.jpg","alt":"Isabel Couselo, e o deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Javier Tourís, xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán","title":"20241104_isabel-couselo-javier-touris_EP9701-Vilanova.jpg","type":"document","uuid":"e9900d0e-d7b2-42bc-6c5a-bb27bb9c700d","fileEntryId":"11526815","resourcePrimKey":"11527037"}

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora do firme na EP-9701 Baión-András en Vilanova de Arousa

  04/11/2024

{"groupId":"37861","alt":"Isabel Couselo na presentación da travesía","name":"20240723_ISABEL-COUSELO_TRAVESIA-A-NADO-LEREZ.jpg","title":"20240723_ISABEL-COUSELO_TRAVESIA-A-NADO-LEREZ.jpg","type":"document","uuid":"de523cff-b5d5-157b-6fa2-cd76f2f8346f","fileEntryId":"10432000","resourcePrimKey":"10432213"}

A deputada Isabel Couselo participa na presentación da II Travesía a Nado Río Lérez 24

  23/07/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 10 resultados.