A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que a institución provincial está a investir preto dun millón de euros

Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de firme e mellora da seguridade viaria

19/04/2024

Isabel Couselo en portas

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de visitar en Portas o estado de execución das obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que a institución provincial está a investir preto dun millón de euros. Na súa visita, percorreu xunto co alcalde da vila, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a desenvolver as obras de renovación do firme e de mellora da seguridade viaria.

A actuación, financiada integramente pola Deputación de Pontevedra, está a permitir solucionar o mal estado do firme en todo o treito desta estrada provincial que pasa polos concellos de Caldas de Reis, Meis, Portas e Vilanova de Arousa. Deste xeito, as obras contemplan a reparación da estrada, mediante a execución de saneamento e fresado da capa de rodaxe existente. Ademais, estase a aplicar un tratamento superficial e a repoñer o firme existente mediante a extensión dunha capa de formigón bituminoso en quente.

As obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña tamén contemplan a execución de pasos peonís sobreelevados e a reposición de sinalización horizontal e vertical, co fin de salvagardar a debida prestación do servizo público e de mellorar a seguridade viaria.

Novas relacionadas

{"classPK":8395234,"groupId":"37861","name":"20240503_isabel-couselo-alcaldesa-moana.jpg","alt":"Isabel Couselo reúnese coa alcaldesa de Moaña","title":"20240503_isabel-couselo-alcaldesa-moana.jpg","type":"document","uuid":"9af8b191-bb88-4d1d-3fae-fc3674183ec5","fileEntryId":"8395234","resourcePrimKey":"8395257"}

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila

  03/05/2024

{"classPK":8222231,"groupId":"37861","name":"20240423_isabel_couselo_asociacion-enerxia.jpg","alt":"Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de Galicia","title":"20240423_isabel_couselo_asociacion-enerxia.jpg","type":"document","uuid":"6999f727-efd0-9490-306a-74a98a7da052","fileEntryId":"8222231","resourcePrimKey":"8222238"}

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de Galicia

  23/04/2024

{"classPK":8138576,"groupId":"37861","name":"20240418_isabel_couselo_alcalde_valga_visita_estradas_provinciais1.jpg","alt":"Isabel Couselo visita o Concello de Valga ","title":"20240418_isabel_couselo_alcalde_valga_visita_estradas_provinciais1.jpg","type":"document","uuid":"7e33e2e0-39a4-021f-7541-9315bda37027","fileEntryId":"8138576","resourcePrimKey":"8138597"}

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visita o Concello de Valga para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila

  18/04/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.