Luis López asiste ao acto de colocación da primeira pedra do complexo deportivo Afouteza-GS360 que impulsa o RC Celta en Mos

10/07/2025

Acto de colocación da primeira pedra do complexo deportivo Afouteza-GS360

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola directora de deportes, Xisela Aranda, vén de participar esta tarde de xoves no acto simbólico de colocación da primeira pedra do complexo deportivo Afouteza-360 que está a impulsar o Real Club Celta de Vigo en Mos. O mandatario provincial amosa o seu apoio a un proxecto innovador e transformador arredor do deporte que contribuirá ao crecemento dun dos grandes embaixadores deportivos da provincia como é o RC Celta.

Galerias de imaxes