Luis López destaca a pegada de case 10,4M€ da Deputación nos concellos do Baixo Miño e o Val Miñor para executar oito obras estratéxicas que revitalizarán o espazo público

O presidente provincial resume nun encontro diante de alcaldes dos oito concellos destas comarcas os proxectos que está a financiar a Deputación a través do primeiro Plan Extra, do que se benefician os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes

18/11/2025

Balance da primeira convocatoria do Plan Extra - Baixo Miño

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca un investimento de 10,37 millóns de euros nos oito concellos das comarcas do Baixo Miño e o Val Miñor ao abeiro da primeira convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria Plan Extra. O mandatario provincial dá continuidade na Guarda á serie de encontros comarcais iniciada hai unha semana en Moraña, seguida doutra no Porriño, para facer balance dos proxectos postos en marcha ao abeiro grazas a este novidoso programa que, dotado con 38M€ de euros de orzamento, atendeu o 100 % das solicitudes presentadas beneficiando aos 59 concellos de menos 50.000 habitantes da provincia. "O Plan Extra é un proxecto de provincia no que os concellos achegan as ideas e a Deputación, os recursos para executalas, moitas delas ao 100 %", definiu Luis López a vocación dun plan que xa ten en marcha a súa segunda convocatoria, que volveu ser un éxito absoluto de concorrencia.

No Concello da Guarda, diante de rexedores, concelleiros e representantes do tecido veciñal dos nove concellos do Baixo Miñor e o Val Miñor: A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar; o presidente da Deputación puxo o foco no carácter estratéxico e transformador dos oito proxectos que se están a executar xa ao abeiro deste Plan Extra, do papel da Deputación para financiar a maior parte das obras, o 100 % nalgúns casos; e na lealdade institucional do executivo provincial para respectar a autonomía dos gobernos municipais á hora de decidir os proxectos a desenvolver. "A autonomía dos concellos acada unha nova dimensión ao dotar a Deputación das ferramentas necesarias a través deste plan, que permite facer realidade esa obra tan necesaria e que tantos anos levaba agardando a súa oportunidade nun caixón", afirmou López.

Entre os proxectos beneficiarios das subvencións deste Plan Extra nas comarcas do Baixo Miño e o Val Miñor está o da reforma da piscina municipal presentado polo Concello da Guarda cun orzamento de 2,3 millóns de euros que recibe unha subvención por parte do organismo provincial de 700.000€. O presidente enumerou as obras postas en marcha con esta convocatoria nestas comarcas citando o proxecto de reforma interior e mellora da eficiencia enerxética da antiga casa consistorial proposto polo Concello de Nigrán ao que a Deputación achega 650.000 euros dos preto de 900.000€ do total do orzamento. En Oia, a administración que preside Luis López aporta 500.000€ para a rexeneración ambiental do camping de Pedra Rubia, valorada en 1,5M€. Nestes casos, os concellos completan cada un dos orzamentos con fondos propios ou con subvencións doutras administracións porque "premiamos a capacidade dos gobernos locais para conseguir recursos doutras administración, sen ningún tipo de cláusula que os penalicen", puntualizou López.

O +Provincia complementa os investimentos

Sen embargo, noutros casos a Deputación achega o 100% dos investimentos. "A posibilidade de combinar os fondos dos plans +Provincia é do Plan Extra é unha mostra desa flexibilidade e autonomía que propoñemos desde a Deputación e á que recorreron moitos rexedores para financiar as súas obras", puntualizou Luis López antes entrar ao detalle dos proxectos impulsados a través deste mecanismo. En Baiona, a combinación dos recursos destes dous plans permiten unha inxección de 1,4M€ millóns de euros para financiar a totalidade do custo da reurbanización da contorna de Santa Liberata. En Gondomar, a Deputación financia os 1,2M€ do orzamento da humanización da contorna da Igrexa e do Cemiterio de Donas. No Rosal, a rehabilitación enerxética e reforma interior do auditorio municipal é financiada ao 100 % polo ente provincial cun desembolso de 900.000€. O mesmo ocorre en Tomiño, co financiamento dos 1,2M€ que custa implantar un novo modelo de recollida de residuos. E, finalmente, en Tui o proxecto para a reforma da Rúa Coruña recibe un total de 1M€ destes dous plans para financiar o 100% da obra.

En suma, a primeira convocatoria do Plan Extra da Deputación serviu para mobilizar un total de 10,37M€ millóns de euros nos oito concellos do Baixo Miño e do Val Miñor, dos que o organismo provincial achega 7,5 millóns. Un revulsivo que terá continuidade o vindeiro ano, porque a segunda convocatoria do Plan Extra vén de pechar recentemente o prazo de presentación de solicitudes e supuxo novamente un completo éxito de participación. "Unha nova demostración da cantidade de proxectos ambiciosos e creativos que os concellos teñen preparados para executar en canto teñen a oportunidade", dixo López, quen adiantou que no caso destes concellos inclúen un conxunto de seis propostas que suman un investimento total de 7,4M€ que se atopan xa en fase de valoración.

Compromiso co rural

A colaboración da Deputación cos concellos pequenos e medianos da provincia resulta crucial para executar proxectos estratéxicos que teñen o obxectivo de mellorar as infraestruturas e os servizos para mellorar a calidade de vida da veciñanza que vive nestes municipios, moitos deles enclavados en contornas rurais e afectados polo reto demográfico. Con todo, a achega do organismo que preside Luis López non se limita unicamente á execución deste tipo de proxectos, tamén promove a actividade cultural, social ou turística a través de iniciativas de todo tipo.

"Escoller A Guarda para organizar este encontro é moi pertinente", declarou o presidente para contextualizar a celebración deste encontro nun concello que malia o seu pequeno tamaño é un dos emblemas do modelo turístico, sustentable e ligado ao territorio, que persegue o goberno provincial e que será tamén un dos beneficiarios do esforzo investidor previsto pola Deputación para o vindeiro, que repartirá 128M€ nos concellos pequenos e medianos da provincia a través dos plans de cooperación +Provincia, Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e Plan Extra. "Esta é unha provincia de 61 concellos cos que estamos comprometidos en todo, con toda a forza da que dispoñemos", concluíu o presidente Luis López. 

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":14118800,"groupId":"37861","name":"20250312_mondariz_rafaestevez_13.jpg","alt":"Balance da primeira convocatoria do Plan Extra - Condado Paradanta","title":"20250312_mondariz_rafaestevez_13.jpg","type":"document","uuid":"0cd708f8-b248-3b7d-b6dd-cde60a823621","fileEntryId":"14118800","resourcePrimKey":"14118997"}

Luis López destaca os 7,2M€ mobilizados pola Deputación nos dez concellos das comarcas do Condado e A Paradanta para executar proxectos que revitalizarán o espazo público

  03/12/2025

{"classPK":14108072,"groupId":"37861","name":"20251201_luislopez_planextra_cangas_jphilippot_13.jpg","alt":"Balance da primeira convocatoria do Plan Extra - O Morrazo","title":"20251201_luislopez_planextra_cangas_jphilippot_13.jpg","type":"document","uuid":"34d127ba-555b-1e4c-e2f2-60d89a9582be","fileEntryId":"14108072","resourcePrimKey":"14108119"}

Luis López destaca a pegada dos 5M€ da Deputación nos concellos do Morrazo para executar catro obras estratéxicas para revitalizar o espazo público

  01/12/2025

{"classPK":14043470,"groupId":"37861","name":"20251119_cuntis_rafaestevez_01.jpg","alt":"O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Cuntis, Manuel Campos","title":"20251119_cuntis_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"79a4617d-8535-f25e-02e9-35d03705b6b6","fileEntryId":"14043470","resourcePrimKey":"14043530"}

Luis López asina co alcalde de Cuntis, Manuel Campos, o convenio para financiar os 652.800€ da construción das novas piscinas municipais

  19/11/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.