O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á charla de Eugenia Tenenbaum polo décimo aniversario de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra

17/01/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe á charla “Desafío para un museo do século XXI”, impartida por Eugenia Tenenbaum no Palacete dos Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, dentro da programación para celebrar o décimo aniversario da Asociación Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra. Na conferencia, a historiadora da arte, comunicadora e activista abordou temas centrais non museos e galerías de arte de todo o mundo, como a introdución da perspectiva de xénero nas coleccións ou as diferentes lecturas expositivas desde fóra do canon académico.

Domínguez cualificou de “emocionante” contar con novas voces do panorama cultural español como Tenenbaum para abordar “temas de vital importancia para todos os espazos expositivos, incluíndo o museo provincial”. Ademais, aproveitou a ocasión para felicitar a Amigas e Amigos do Museo por este décimo aniversario desde a súa refundación en 2014, e agradeceu ao seu presidente, Ernesto Vázquez-Rey, “o traballo que levades a cabo para achegar aos veciños e veciñas da cidade o Museo de Pontevedra, así como complementar as actividades que programamos”.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":12220664,"groupId":"37861","name":"20250219_RAFA-DOMINGUEZ_PINTURAS-NEGRAS.jpg","alt":"A Deputación inaugura este venres no Museo de Pontevedra \u201cPinturas negras\u201d","title":"20250219_RAFA-DOMINGUEZ_PINTURAS-NEGRAS.jpg","type":"document","uuid":"62866eb3-8f51-3cf4-1194-7d071aaa2746","fileEntryId":"12220664","resourcePrimKey":"12220836"}

A Deputación inaugura este venres no Museo de Pontevedra “Pinturas negras”, a mostra composta por obras de trece artistas con vínculos coa Facultade de Belas Artes

  19/02/2025

{"classPK":12204799,"groupId":"37861","name":"Jan-van-der-Crabben-CC-BY-NC-SA.jpg","alt":"Jan van der Crabben (CC BY-NC-SA)","title":"Jan-van-der-Crabben-CC-BY-NC-SA.jpg","type":"document","uuid":"74d43f84-a396-cdff-1ff7-86e095942e3b","fileEntryId":"12204799","resourcePrimKey":"12204832"}

A Deputación acolle no Museo de Pontevedra o seminario ‘Museos, feminismos, canon’, no que se reflexionará sobre os códigos éticos e estéticos arredor da imaxe da muller

  17/02/2025

{"classPK":12188096,"groupId":"37861","name":"20240213_rafa-dominguez_premios-san-telmo.jpeg","alt":"Rafa Domínguez asistiu este xoves ao acto de entrega do XIII Premio San Telmo","title":"20240213_rafa-dominguez_premios-san-telmo.jpeg","type":"document","uuid":"5179ab7c-3122-8077-36de-b27283a4fe39","fileEntryId":"12188096","resourcePrimKey":"12188228"}

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste no Pazo da Cultura de Pontevedra á entrega do XIII Premio San Telmo

  13/02/2025