A Deputación contrata o servizo de seguridade e vixilancia dos espazos expositivos e as obras da 32ª Bienal de Arte de Pontevedra por 170.000 euros

Rafa Domínguez anunciou a adxudicación deste contrato, que permitirá “garantir a seguridade tanto dos espazos expositivos como das obras que exporemos, así como artellar o correspondente seguro de obras de arte”

16/05/2025

rafa domínguez en rolda de presa

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou hoxe que a Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar por 168.000 € o servizo de seguridade e vixilancia da 32ª edición da Bienal de Arte. O obxectivo deste contrato é “garantir a seguridade tanto dos espazos expositivos como das obras que exporemos, así como artellar o correspondente seguro de obras de arte”.

A Bienal de Arte terá lugar na cidade de Pontevedra entre o 21 de xuño e 30 de setembro de 2025, baixo o título “Volver a ser humano. Ante a dor dos demais” e o obxectivo é que a empresa que exerza a vixilancia comece o 1 de xuño no Pazo da Cultura e o 15 de mesmo mes no resto dos espazos expositivos (o convento de Santa Clara, a Sala Moldes da Escola de Belas Artes e a sala de exposicións da Fundación Rosón de Arte Contemporáneo), estando operativa ata o 31 de setembro en todos os casos.

“Empeza xa a conta atrás para que comece a 32ª Bienal de Arte de Pontevedra e seguimos avanzando, traballando para converter a este acontecemento na mellor cita de arte de Pontevedra”, asegurou o vicepresidente provincial, que lembrou ademais que este será “un  auténtico escaparate para a creatividade e o talento e a promoción do intercambio cultural, o diálogo e a colaboración entre artistas locais, nacionais e internacionais”.

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":12857353,"groupId":"37861","name":"diamantes01.jpg","alt":"ciclo \u201cCine, Arte e Guerra\u201d","title":"diamantes01.jpg","type":"document","uuid":"b6477044-a4b5-d4a5-b58e-e5ed1a23060d","fileEntryId":"12857353","resourcePrimKey":"12857366"}

A Deputación pon a funcionar o ciclo “Cine, Arte e Guerra” da Bienal de Pontevedra coa proxección de “Diamantes da noite” este xoves no xardín do Palacete das Mendoza

  27/05/2025

{"classPK":12827000,"groupId":"37861","name":"20250521-rafa-dominguez_fundacion-moldes-2.jpeg","alt":"Rafa Domínguez nunha visita á sede da Fundación Manuel Moldes","title":"20250521-rafa-dominguez_fundacion-moldes-2.jpeg","type":"document","uuid":"5c586fde-5766-9d8a-1b4a-8cf1da3f309c","fileEntryId":"12827000","resourcePrimKey":"12827029"}

Rafa Domínguez anuncia que a Deputación concederá unha axuda de 6.000 euros á Fundación Manuel Moldes, que será unha das 13 sedes da Bienal de Pontevedra

  21/05/2025

{"classPK":12747273,"groupId":"37861","name":"20250507_luislopez_presentacion_bienal_jphilippot_01.jpg","alt":"Luis López e Rafa Domínguez convidan a descubrir a Bienal ","title":"20250507_luislopez_presentacion_bienal_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"b7bc716d-e686-32c6-5fc8-71502d6b6f82","fileEntryId":"12747273","resourcePrimKey":"12747460"}

Luis López e Rafa Domínguez convidan a descubrir a Bienal como un evento de repercusión global que situará a Pontevedra como unha “potencia cultural”

  07/05/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.