Luisa Sánchez asiste ao II Desfile Inclusivo polo Día Mundial da Síndrome de Down

21/03/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe no centro comercial Vialia de Vigo á terceira edición do Desfile Inclusivo que Down Vigo celebra para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down. Nesta iniciativa solidaria, persoas con Síndrome de Down e outras diversidades compartiron pasarela con traballadores e traballadoras de Decathlon, para mostrar que calquera actividade física pode ser unha ferramenta de desenvolvemento individual e colectivo.

Galerias de imaxes