Luis López e Rafa Domínguez convidan a descubrir a Bienal como un evento de repercusión global que situará a Pontevedra como unha “potencia cultural”

Presidente e vicepresidente animan a toda a cidadanía e visitantes a desfrutar dunha Bienal, “un dos maiores retos para o Museo”, que atraerá aos mellores artistas contemporáneos e exhibirá obras de arte de multitude de países

07/05/2025

Luis López e Rafa Domínguez convidan a descubrir a Bienal

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez compareceron este mércores ante a imaxe institucional da triséximo segunda edición da Bienal de Arte de Pontevedra, que recupera o goberno provincial este ano despois de 16 anos de ausencia. Nas escaleiras exteriores do Pazo provincial e coa presenza do equipo artístico da Bienal, o mandatario provincial remarcou a transcendencia que terá esta Bienal que comezará no mes de xuño para consolidar á provincia como unha "potencia cultural" que avanza na estratexia de "descentralización" da programación cultural posta en marcha polo executivo da Deputación. "É unha perspectiva que estamos implantando e está a funcionar. A Bienal vai ter un protagonismo especial porque será a primeira vez que vaia a outros concellos como Vigo, O Grove, Sanxenxo e Ponteareas dentro da sección de Artes Vivas", salientou o presidente Luis López.

O acto celebrado esta mañá de mércores no exterior do Pazo provincial serviu para dar a coñecer a imaxe promocional da Bienal de Arte que xa está visible en múltiples soportes publicitarios repartidos pola cidade de Pontevedra. Baixo o lema A Arte Volve, preséntase unha campaña que "ten unha estética moi moderna, cunha Deputación moderna, un Museo de Pontevedra moderno e unha Bienal moderna", definiu o vicepresidente e responsable do Museo e da Bienal, Rafa Domínguez.

"Somos unha potencia cultural e aí a Bienal xoga un papel clave, non só nesta edición do 2025 senón en todas as futuras que se celebrarán", subliña o presidente provincial, quen remarca o impulso que a Deputación está a dar á programación cultural da provincia a través doutras iniciativas como os recentemente presentados Rías Baixas Film Fest, os festivais de música de verán Rías Baixas Fest ou programas como o +Escénicas, que espallan por toda a provincia o mellor teatro e danza de Galicia. "Non podemos estar máis que satisfeitos por dar outro paso coa presentación da imaxe da Bienal, logo virá a inauguración pero antes seguiremos anunciando artistas", anticipou Luis López, quen quixo recoñecer o traballo que están a realizar todas as persoas implicadas na organización da Bienal, "un dos maiores retos que está a afrontar o Museo de Pontevedra en canto á organización e os recursos".

Neste punto, o vicepresidente Rafa Domínguez puntualizou que o investimento que realizará a Deputación para a recuperación da Bienal de Arte estará próximo ao 1,6M€. "Un orzamento moi proporcionado se temos en conta que "traemos obras de arte de doce países do mundo, artistas que veñen aquí a facer as súas obras in situ, que é algo que son fan as bienais de moita importancia", salientou o dirixente, quen puxo en valor a participación, entre os máis de sesenta artistas convidados, dun dos de maior prestixio do mundo como Hans Haacke.

"Unha Bienal de Arte é, en primeiro lugar, un espazo para o desfrute do que agardamos que todo o mundo participe. E en segundo lugar, un espazo para a reflexión, para pensar na actualidade e avanzar no pensamento de toda a sociedade", explicou Domínguez para convidar a toda a provincia e as persoas que visiten as Rías Baixas a participar na programación deste evento cultural para que "se deixen impactar pola Bienal", un evento que consolida á cidade e á provincia "como un eixo cultural do que convidamos a todos a desfrutar", remataron López e Domínguez.

Galerias de imaxes

audios

Luis López

Rafa Domínguez

Novas relacionadas

{"classPK":13005726,"groupId":"37861","name":"20250620_bienal_2.jpg","alt":"Rafa Domínguez presenta a 32ª Bienal de Pontevedra","title":"20250620_bienal_2.jpg","type":"document","uuid":"92d40594-12df-7957-a0e3-716e62c22880","fileEntryId":"13005726","resourcePrimKey":"13005756"}

Rafa Domínguez presenta o programa completo da 32ª Bienal de Arte de Pontevedra, que arranca este venres con Peregrinacolor, do artista francés Patrice Warrener

  20/06/2025

{"classPK":12851302,"groupId":"37861","name":"20250526_LuisLopez_RDominguez_PresentacionBienal_Restevez_p.jpg","alt":"Do 21 de xuño ao 30 de setembro, \u201cA Arte Volve\u201d","title":"20250526_LuisLopez_RDominguez_PresentacionBienal_Restevez_p.jpg","type":"document","uuid":"1c54e395-aa6b-d2c9-1a29-273bb99ab720","fileEntryId":"12851302","resourcePrimKey":"12851216"}

Luis López e Rafa Domínguez detallan “a Bienal máis global da historia”: 60 artistas de 28 nacionalidades para reforzar a cidade de Pontevedra como epicentro da cultura

  25/05/2025

{"classPK":12827000,"groupId":"37861","name":"20250521-rafa-dominguez_fundacion-moldes-2.jpeg","alt":"Rafa Domínguez nunha visita á sede da Fundación Manuel Moldes","title":"20250521-rafa-dominguez_fundacion-moldes-2.jpeg","type":"document","uuid":"5c586fde-5766-9d8a-1b4a-8cf1da3f309c","fileEntryId":"12827000","resourcePrimKey":"12827029"}

Rafa Domínguez anuncia que a Deputación concederá unha axuda de 6.000 euros á Fundación Manuel Moldes, que será unha das 13 sedes da Bienal de Pontevedra

  21/05/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 9 resultados.