Luis López e Luisa Sánchez asisten en Vigo ás finais das Supercopas masculina e feminina de balonmán

05/09/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez participaron como espectadores na cita co mellor balonmán da Península Ibérica que organizou a Real Federación Española de Balonmano no Ifevi, o recinto feiral de Vigo que se converteu nun pavillón de balonmán. Ambos os dirixentes desfrutaron da final da Supercopa de España feminina e, a continuación, da Supercopa Ibérica que confirman a capacidade da provincia do deporte para organizar e desfrutar de eventos deportivos de impacto internacional.

A actividade deportiva estendeuse ao longo de toda a fin de semana. Antes das finais, celebrouse o partido pola medalla de bronce, mentres que na noite do pasado venres tiveron lugar as semifinais. Dúas xornadas para desfrutar en Vigo do mellor balonmán de Europa e que captou o interese de milleiros de persoas que se achegaron ata a cidade desde distintos puntos de dentro e fóra de Galicia.

Galerias de imaxes