Luis López participa na Festa do Requeixo e o Mel das Neves, unha mostra dos atractivos do interior da provincia

18/04/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, vén de participar este venres na celebración da Festa do Requeixo e o Mel das Neves. Unha celebración calificada de interese turístico de Galicia que conta co apoio da Deputación na súa estratexia de promocionar os atractivos dos 61 concellos da provincia, especialmente os do interior, para consolidar á provincia como un destino turístico descentralizado, desestacionalizado e ligado á natureza e á cultura.