Luis López recoñece o impulso do sector audiovisual á cultura e o turismo na provincia na súa visita a través de festivais de referencia como o de Cans, no Porriño

O mandatario provincial, acompañado polo deputado provincial e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, sinala o aumento da contía e do número de festivais incluídos nos Rías Baixas Film Fest como mostra do compromiso da Deputación co cinema local

23/05/2026

Luis López recoñece o impulso do sector audiovisual á cultura e o turismo na provincia na súa visita a través de festivais de referencia como o de Cans, no Porriño

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este sábado ao Festival de Cans que se está a celebrar estes días no Porriño. O mandatario provincial participou na homenaxe que a organización dedicou este ano ao cineasta Julio Medem, que xa conta coa súa estrela no Torreiro de Cans, así como no emblemático desfile de chimpíns, unha marca característica deste festival.

O mandatario provincial recoñece que a celebración deste festival, que suma xa vinte e dúas edición, consolida á provincia como un territorio que protexe e promove a cultura, tanto a local coma doutras rexións que contan cada ano con representación neste festival. Ademais, o festival de Cans contribúe tamén a consolidar ás Rías Baixas como un destino turístico descentralizado ligado á cultura e ao territorio.

O festival de Cans conta co apoio da Deputación que, incluído na rede de festivais audiovisuais da provincia Rías Baixas Film Fest, recibe este ano unha axuda de 38.000€ para facilitar a organización e confección do programa. A marca impulsada polo goberno provincial dispón dun orzamento este ano de 200.000€, unha suba de 30.000€ con respecto ao ano anterior que permite a incorporación dun novo festival: a Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín. Un novo evento que se suma aos outros seis que xa formaban parte o ano pasado, que son: Festival de Cans, Play-Doc de Tui, FICBueu, Novos Cinemas de Pontevedra, Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía) e o Galician Freaky Film Fest de Vigo.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":15834970,"groupId":"37861","name":"20260522-cpnferenciaprensa_rafaestevez_07.jpg","alt":"A Deputación destina 200.000 euros, 30.000 máis que no 2025, a sete festivais audiovisuais da provincia englobados baixo a marca Rías Baixas Film Fest","title":"20260522-cpnferenciaprensa_rafaestevez_07.jpg","type":"document","uuid":"6040ee54-1e11-902a-f814-b3419dc9833f","fileEntryId":"15834970","resourcePrimKey":"15834958"}

A Deputación destina 200.000 euros, 30.000 máis que no 2025, a sete festivais audiovisuais da provincia englobados baixo a marca Rías Baixas Film Fest

  22/05/2026

{"classPK":9549865,"groupId":"37861","name":"20240620_logo_entrada-4.jpg","alt":"","title":"20240620_logo_entrada-4.jpg","type":"document","uuid":"8e292339-8367-73fd-0ab9-c5d214d88d98","fileEntryId":"9549865","resourcePrimKey":"14741059"}

A Deputación ultima o prazo para que entidades sen fins de lucro da provincia soliciten as axudas para a organización de festivais audiovisuais, dotadas con 200.000 €

  02/03/2026

{"classPK":9549865,"groupId":"37861","name":"20240620_logo_entrada-4.jpg","alt":"Logo deputacion pontevedra entrada","title":"20240620_logo_entrada-4.jpg","type":"document","uuid":"8e292339-8367-73fd-0ab9-c5d214d88d98","fileEntryId":"9549865","resourcePrimKey":"14564781"}

A Deputación mantén aberto ata o 5 de marzo o prazo para que entidades sen fins de lucro da provincia soliciten as axudas para a organización de festivais audiovisuais, dotadas con 200.000 €

  08/02/2026