Luisa Sánchez acompaña á veciñanza de Candeán na celebración das festas de San Cristovo e Santa Ana
12/07/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acompañou este domingo á veciñanza da parroquia de Candeán durante os actos centrais das festas de San Cristovo e Santa Ana. Ademais de asistir á misa maior e á posterior procesión, a representante provincial en Vigo participou na entrega de premios aos vehículos mellor engalanados, unha tradición singular que celebra co gallo do patrón dos condutores e transportistas.