Luisa Sánchez entrega os premios do XIX Concurso de Redacción e Poesía ‘Letras Galegas’ da AV San Roque

15/05/2026

Luisa Sánchez entrega os premios do XIX Concurso de Redacción e Poesía ‘Letras Galegas’ da AV San Roque

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este venres en Vigo á entrega de premios do XIX Concurso de Redacción e Poesía ‘Letras Galegas’, organizado pola Asociación Veciñal San Roque no colexio Hogar. O certame, celebrado co gallo do Día das Letras Galegas, reuniu alumnado de diferentes niveis educativos arredor da creación literaria en galego, cunha edición centrada no acoso escolar.

Luisa Sánchez puxo en valor o labor que desenvolve a asociación na dinamización do barrio, así como a importancia de iniciativas que fomentan o uso do galego entre a mocidade. A Deputación de Pontevedra colabora coa Asociación Veciñal San Roque en diferentes programas sociais e culturais e, neste 2026, a entidade solicitou tamén apoio para a organización deste concurso ao abeiro das actividades de dinamización da lingua galega.

Galerias de imaxes