Luisa Sánchez amosa a súa aposta por “un Vigo verde” e pon en valor o papel esencial das comunidades de montes

11/07/2026

Luisa Sánchez amosa a súa aposta por “un Vigo verde” e pon en valor o papel esencial das comunidades de montes

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este sábado no acto conmemorativo do 30º aniversario de Montes de Vigo, celebrado no Parque Forestal de Beade, onde destacou amosou a súa aposta por “un Vigo verde”. Do mesmo xeito, puxo en valor o papel “esencial” das comunidades de montes na conservación dun patrimonio natural que beneficia ao conxunto da cidade. Igualmente, trasladou o seu recoñecemento ás persoas homenaxeadas e a todas aquelas que, desde hai anos, dedican o seu tempo a coidar e xestionar os montes. Durante a súa intervención, a representante provincial en Vigo defendeu a necesidade de que as administracións acompañen este labor.

Galerias de imaxes