Luisa Sánchez participa no Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas para analizar os avances dos proxectos de conservación e recuperación
15/07/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na reunión do Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia celebrada este mércores en Vigo. Durante a xuntanza, presentouse o informe de actividades do parque, no que se deu conta da evolución do uso público e das distintas actuacións desenvolvidas nos ámbitos da conservación ambiental e a arqueoloxía. Tamén se analizaron os avances do proxecto europeo Life Insular, así como a evolución dos proxectos financiados a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Outro dos puntos destacados foi a presentación do estado de execución do proxecto de restauración do Faro de Sálvora por parte da Axencia Galega de Turismo, a cal tamén impulsa diversas actuacións na illa de Ons.
