A Deputación leva a Baiona a súa exposición itinerante “A camelia, flor das galegas e dos galegos”

O deputado responsable da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, asistiu ao acto de inauguración da exposición, que se pode visitar na rúa Carabela A Pinta

18/03/2025

Mostra itinerante “A camelia, flor das galegas e dos galegos”

O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, xunto co alcalde de Baiona e tamén deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña, inaugurou este martes na localidade a mostra itinerante “A camelia, flor das galegas e dos galegos”, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Sociedade Española da Camelia. A exposición, que se pode visitar na rúa Carabela A Pinta, está a percorrer os concellos da provincia nos que se organizan mostras sobre a camelia para “promover, apoiar e contribuír, unha vez máis, con todo o que ten que ver coa exaltación da camelia. Unha flor con grande potencial económico, comercial e de emprego”, sinalou o deputado provincial. A inauguración completouse coa degustación de té da marca provincial TéAreeiro.

Tourís lembrou que a camelia “é orixinaria de Oriente pero atopou na nosa terra un lugar ideal para medrar e florecer, de feito temos máis de 200 exemplares que superan os 150 anos”, impulsando sectores como o turismo ao ser “un valor engadido que contribúe á desestacionalización da oferta turística”. A este respecto, o deputado provincial destacou as actividades ofertadas pola Deputación no Castelo de Soutomaior, dispoñibles ata finais deste mes. Con esta mostra “queremos achegar á cidadanía de Baiona información menos coñecida sobre a camelia: a súa historia, os seus coidados ou a súa relación coa economía, as artes ou a moda”, sinalou Javier Tourís.

“A camelia, flor das galegas e dos galegos” conta con 14 tótems nos que se recollen segredos e curiosidades desta flor a través dun percorrido ao aire libre ameno e con atractivo visual. Os paneis presentan información sobre a historia e as variedades de camelia, os xardíns destacados desta flor en Galicia, os nomes das camelias, os seus coidados, a economía desta flor e os seus derivados, a aplicación da camelia na gastronomía tanto a través de aceite como de marmeladas, vermú ou galletas, a relación da flor coas artes e as figuras destacadas relacionadas coa camelia, con fotografías de persoas de diferentes ámbitos que teñen relación coa flor.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":12577878,"groupId":"37861","name":"20250410_javier_touris_camelia_sanxenxo.jpg","alt":"Javier Tourís na inauguración da exposición en Silgar","title":"20250410_javier_touris_camelia_sanxenxo.jpg","type":"document","uuid":"08cc6bae-feda-6ced-98a9-3d5ff7c6f2e7","fileEntryId":"12577878","resourcePrimKey":"12578027"}

A Deputación leva a Sanxenxo a súa exposición itinerante “A camelia, flor das galegas e dos galegos”

  10/04/2025

{"classPK":12419924,"groupId":"37861","name":"20250318_luislopez_camelia_campolongo_jphilippot_01.jpg","alt":"Luis López participa na Exposición da Camelia do CEP Campolongo","title":"20250318_luislopez_camelia_campolongo_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"7cf5628d-2743-5acf-5088-88c79375a4eb","fileEntryId":"12419924","resourcePrimKey":"12419956"}

Luis López participa na Exposición da Camelia que organiza cada ano a comunidade educativa do CEP Campolongo

  18/03/2025

{"classPK":12397472,"groupId":"37861","name":"20250314_LuisLopez_CertificadoCameliaPazoRubiáns_Xapon.jpeg","alt":"Luis López salienta que a participación no Congreso da Camelia en Xapón reforza o peso da provincia ","title":"20250314_LuisLopez_CertificadoCameliaPazoRubiáns_Xapon.jpeg","type":"document","uuid":"8d584397-1e6d-c0b2-6d44-a4123ed947de","fileEntryId":"12397472","resourcePrimKey":"12397487"}

Luis López salienta que a participación no Congreso da Camelia en Xapón reforza o peso da provincia como “paraíso” da flor e destino turístico internacional

  14/03/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.