Luis López remarca “a man permanentemente tendida” co Concello de Pontevedra ao anunciar a aprobación de dous novos convenios coa cidade valorados en 353.000 €

Con estes recursos a Deputación de Pontevedra financia integramente a actualización do Sistema de Xestión da Base de Datos Corporativa e a renovación do céspede artificial nos campos de fútbol 8 do Centro Municipal de Fútbol Manolo Barreiro da Xunqueira

30/05/2025

Conferencia de prensa de Luis López

Luis López anunciou a aprobación en Xunta de Goberno de dous novos convenios con Pontevedra valorados en 353.000 euros cos que "demostramos a man permanentemente tendida" co goberno local da cidade. Trátase, en palabras de López, "dun exemplo máis de que este goberno da Deputación aposta pola lealdade institucional e ten ao municipalismo por bandeira e dun exemplo máis de que escoitamos as demandas de Pontevedra e damos resposta ás necesidades do Concello para que esta cidade, a nosa capital, avance como nunca antes o fixera".

O convenio coa maior dotación económica, dotado con 210.540 euros, irá dirixido a financiar integramente o proxecto de actualización do Sistema de Xestión da Base de Datos Corporativa do Concello de Pontevedra. O presidente provincial explicou que o obxectivo desta actuación, entre outras cuestións, é "garantir unha maior eficiencia e seguridade na administración electrónica municipal e optimizar a prestación dos servizos públicos".

Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra tamén asinará outro convenio co Concello de Pontevedra que ascende a 143.000 euros. Estes recursos provinciais servirán para financiar, tamén integramente, a renovación do céspede artificial nos dous campos de fútbol 8 do Centro Municipal de Fútbol Manolo Barreiro, da Xunqueira, retirando o céspede actual e substituíndoo por un novo de última xeración e mellores prestacións.

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14913165,"groupId":"37861","name":"20260317_luislopezaddendaconveniopontevedra_zonanorte_restevez_05.jpg","alt":" LUIS LOPEZ ASINA ADDENDA CONVENIO CONCELLO PONTEVEDRA ALUMEADO CENTRO URBANO 23M","title":"20260317_luislopezaddendaconveniopontevedra_zonanorte_restevez_05.jpg","type":"document","uuid":"52a21c66-9538-fec9-d7b3-bd40ba675d85","fileEntryId":"14913165","resourcePrimKey":"14913222"}

Luis López asina co Concello de Pontevedra un novo investimento da Deputación na cidade: financiará o 100% do novo alumeado na zona norte da urbe

  17/03/2026

{"classPK":4154640,"groupId":"37861","name":"Pazo-Provincial.jpg","alt":"Pazo provincial","title":"Pazo-Provincial.jpg","type":"document","uuid":"67c60668-8273-2ea9-4d98-9b8306247aed","fileEntryId":"4154640","resourcePrimKey":"12877322"}

A Deputación de Pontevedra asinará un convenio co Concello de Mos por valor de 712.500 euros para a remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón

  30/05/2025

{"classPK":11594374,"groupId":"37861","name":"20241111_rafa_dominguez_convenio_pontevedra_mollavao.jpg","alt":"Convenio Concello Pontevedra Rosalía de Castro","title":"20241111_rafa_dominguez_convenio_pontevedra_mollavao.jpg","type":"document","uuid":"ae1af81c-ecac-9c6b-6c33-b2a84274ae38","fileEntryId":"11594374","resourcePrimKey":"11594551"}

Rafa Domínguez adianta que a Deputación aprobará este venres o convenio co Concello de Pontevedra para investir preto de 1,3 millóns de euros nas obras de conexión entre a Avenida de Marín e a Rúa Rosalía de Castro

  11/11/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.