O vicepresidente da Deputación de Pontevedra asiste á inauguración do Salón Edugal

09/10/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu no Recinto Feiral de Pontevedra á inauguración da duodécima edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia. Ata o vindeiro 11 de outubro, este espazo será un punto de encontro de estudantes, profesionais da educación, pais e nais no que se dará resposta ás súas necesidades de información sobre a oferta formativa e orientación educativa.