Rafa Domínguez confirma a prórroga dos convenios entre a Deputación e o Concello de Pontevedra para executar as obras na rúa Doce de Novembro e na contorna de Rosalía de Castro

23/10/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de manter unha xuntanza con responsables do Concello de Pontevedra para dar seguimento aos convenios entre ámbalas dúas institucións para a rúa Doce de Novembro e a contorna da rúa Rosalía de Castro. Na xuntanza e nun clima de “máxima lealtade e colaboración institucional”, tal e como afirmou Rafa Domínguez, o vicepresidente deu luz verde á prórroga de 12 meses solicitada polo Concello de Pontevedra para poder executar as obras nas que a Deputación está a investir máis de 2 millóns de euros.

Ámbolos dous convenios tiñan vixencia ata o 31 de decembro deste ano e, tralo acordo pechado esta mañá, estenderanse ata o 31 de decembro de 2027. No caso do acondicionamento da parcela sobre a vía férrea na rúa Doce de Novembro, na que se proxecta un parque urbano e a realización dunha reorganización espacial, a Deputación de Pontevedra está a investir 712.000 euros. Pola súa banda, na vía de conexión entre a avenida de Marín e a rúa Rosalía de Castro, a institución provincial financia a actuación integramente con preto de 1,3 millóns de euros.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.