Luisa Sánchez participa na homenaxe sorpresa a Álvaro Pino polo 40º aniversario da súa histórica Vuelta a España

23/05/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou este sábado en Ponteareas na homenaxe sorpresa organizada ao exciclista Álvaro Pino co gallo do 40º aniversario da súa vitoria na Vuelta a España. O acto recreou algúns dos momentos máis emblemáticos da chegada do campión á súa vila natal tras conquistar a rolda española, cun percorrido polas rúas da localidade e unha recepción institucional no Concello que culminou coa saída ao balcón consistorial, reproducindo a icónica imaxe de 1986. A homenaxe contou ademais coa presenza de antigos compañeiros e figuras destacadas do ciclismo como José Luis López Cerrón, Ángel Camarillo, Anselmo Fuerte, Pepe Quiles e Ángel Edo, que se sumaron a un recoñecemento cargado de emoción e simbolismo. Luisa Sánchez destacou “a pegada de Álvaro Pino na historia do deporte galego e español”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.