Rafa Domínguez asiste no Recinto Feiral de Pontevedra ao inicio do IV Salón de Animais de Compañía de Galicia

09/10/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este venres no Recinto Feiral de Pontevedra ao inicio do IV Salón de Animais de Compañía de Galicia que se estenderá ata o próximo domingo. Domínguez detallou que a institución provincial ten instalado neste espazo un posto informativo para dar a coñecer a actividade do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN). Neste eido, aproveitou para explicar que este centro situado na Armenteira, Meis, atende 52 concellos e, desde a súa posta en funcionamento en 2013, deulle a oportunidade de atopar un fogar a 6.647 cans estando, nestes momentos, 209 agardando pola adopción. Tamén subliñou que desde o CAAN se está a prestar un servizo de control de colonias felinas que xa atendeu 1.200 gatos.