Rafa Domínguez participa nas Ruínas de San Domingos no acto de presentación dos equipos do Mareantes Rugby Club para a temporada 2026/2027

09/10/2026

Rafa Domínguez participa nas Ruínas de San Domingos no acto de presentación dos equipos do Mareantes Rugby Club para a temporada 2026/2027

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este venres nas Ruínas de San Domingos ao acto de presentación dos equipos do Mareantes Rugby Club para a temporada 2026/2027. En total son oito equipos e integran a formación arredor de 150 persoas entre deportistas, directiva e adestradores.

“Sodes -manifestou Domínguez- un club exemplar, que facedes cidade a través das numerosas actividades que organizades cada ano, como o San Patricio”. O vicepresidente remarcou a importancia do deporte para a Deputación de Pontevedra, “como piar da sociedade, pola súa contribución á mellora da saúde e ao impulso de valores positivos, e tamén como ferramenta para o desenvolvemento económico da provincia”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.