A Deputación aproba unha achega de 17.000 euros ao Concello de Lalín para a adquisición de material para o estadio de San Lorenzo de Vilatuxe

Con estes recursos do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, Lalín dotará a esta instalación de material sanitario, fontanería e portas abatibles

15/02/2026

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega de 17.000 euros ao Concello de Lalín co obxecto de financiar a adquisición de material de diferente tipo para o estadio de San Lorenzo de Vilatuxe. A concesión enmárcase no terceiro Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de 8 millóns de euros con destino a que os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia poidan subvencionar proxectos municipais de construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivos, así como para a modernización, remodelación e mellora de instalacións e espazos xa existentes.

Desta maneira, Lalín destinará esta achega á reforma dos vestiarios desta instalación deportiva. En concreto, contémplase a compra de material sanitario (inodoros, lavabos, instalación para persoas con mobilidade reducida, etc.), fontanería e portas abatibles co obxectivo de modernizar un espazo que é primordial no Concello de Lalín, posto que nas súas instalacións lévanse a cabo as competicións e adestramentos dun elevado número de equipos de fútbol, así como de rugby.

Lalín recibirá este ano máis de 202.500 € no marco do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, cos que vai impulsar un total de nove actuacións. Aos 17.000 euros aprobados para o estadio San Lorenzo Vilatuxe, súmanse a adquisición de tamén material para diferentes instalacións deportivas municipais, a instalación de pavimento vinílico na pista do pavillón municipal, a reposición do muro de peche no lateral do campo de fútbol de Lalín, unha cuberta para a zona de xogos, a rotulación de varias zonas no pavillón municipal, a adquisición de máis materiais para o estadio Manuel Anxo Cortizo e a adquisición dun garaxe para salto con pértega. Ao remate da terceira convocatoria, Lalín terá recibido máis de medio millón de euros da Deputación no marco deste plan.

Novas relacionadas

{"classPK":14612630,"groupId":"37861","name":"20260212_belen-cachafeiro_visita PEID-A-Bandeira-Silleda-1.jpg","alt":"A deputada provincial Belén Cachafeiro visitou as instalacións","title":"20260212_belen-cachafeiro_visita PEID-A-Bandeira-Silleda-1.jpg","type":"document","uuid":"41967860-d9e8-2e61-6b9b-7c3ea9c8fef2","fileEntryId":"14612630","resourcePrimKey":"14612942"}

A Deputación avanza que este venres aprobará 130.000 euros para a remodelación dos vestiarios da piscina municipal da Bandeira en Silleda

  12/02/2026

{"classPK":11505826,"groupId":"37861","name":"plan-extraordinario-de-infraestruturas-deportivas.jpg","alt":"Imaxe do programa peid","title":"plan-extraordinario-de-infraestruturas-deportivas.jpg","type":"document","uuid":"d2d6cbc6-5c9d-f178-d5b5-8c02ed97aee7","fileEntryId":"11505826","resourcePrimKey":"14584802"}

A Deputación aproba unha achega de preto de 30.000 euros para o mantemento e conservación da cuberta do pavillón municipal de Covelo

  09/02/2026

{"classPK":11505826,"groupId":"37861","name":"plan-extraordinario-de-infraestruturas-deportivas.jpg","alt":"Imaxe do programa peid","title":"plan-extraordinario-de-infraestruturas-deportivas.jpg","type":"document","uuid":"d2d6cbc6-5c9d-f178-d5b5-8c02ed97aee7","fileEntryId":"11505826","resourcePrimKey":"14525302"}

A Deputación aproba unha achega de máis de 14.000 € para que o Concello de Lalín adquira un garaxe para protexer o material deportivo de salto con pértega do estadio Manuel Anxo Cortizo

  05/02/2026